CRTVG

Buscar

Profanan sete tumbas nunha parroquia do Pereiro de Aguiar

Publicado o 10/10/2019 14:18

Moi preocupados e indignados están os veciños e veciñas de Ordelles. De novo, volveron descubrir sete tumbas profanadas no cemiterio da parroquia de Santa Ana de Chaodarcas, no concello ourensán do Pereiro. E xa están fartos porque din que isto se ven repetindo deseguido nos últimos tres anos.

Sen máis dano que o moral, as lousas das tumbas aparecen movidas. E os veciños non se explican quen e por que está a profanar as tumbas dos seus mortos. Piden unha solución.

Tras a súa denuncia, a Garda Civil mantén aberta unha investigación para dar co autor ou autores desta profanación.

Noticias web

10/10/2019