CRTVG

Buscar

Proclamación oficial dos candidatos ás eleccións galegas

Publicado o 09/03/2020 20:18

O cinco de abril, os veciños da Coruña, Lugo e Ourense poderán elixir entre 13 candidaturas. En Pontevedra serán 16. 12 partidos preséntanse polas 4 provincias: deles, algúns fano por primeira vez, como VOX ou Espazo en Común, aínda que os de Pachi Vázquez concorren aliados con Recortes Cero e os Verdes. Equo acode por primeira vez en solitario.

O PP presenta como novidades a Ángeles Vázquez e María Elena Candia, encabezando listas na Coruña e Lugo. Os populares presentan 3 mulleres como cabeza de cartel, aínda que, dos catro grandes, o BNG ten a única candidata á presidencia.

Os de Ana Pontón repiten cabezas de lista, coa principal novidade de Alexandra Fernández como número 3 por Pontevedra.

O PSdeG renova número un na Coruña, Pablo Arangüena; en Lugo, Patricia Otero; e en Ourense, Marina Ortega.

Galicia en Común-Anova-Mareas presenta un 60% de candidatos procedentes de Podemos e Esquerda Unida. Antón Gómez-Reino, igual que Ana Pontón, aspira á presidencia desde A Coruña. Alberto Núñez Feijóo e Gonzalo Caballero farano como cabezas de cartel por Pontevedra.

Noticias web

09/03/2020