CRTVG

Buscar

Problemas de convivencia entre ciclistas e peóns no carril bici do paseo marítimo de Perillo

Publicado o 23/07/2019 13:08

Veciños de Perillo, en Oleiros, denuncian o seu malestar desde que o Concello decidiu pintar, no paseo marítimo, unhas bicicletas na pista destinada ao carril bici. Din que desde entón os peóns son increpados polos ciclistas, pero que non lles queda outra que camiñar tamén por esa zona porque a pasarela de madeira está mal conservada e non a ven segura.

O problema comezou hai uns días, en canto pintaron estes sinais no paseo marítimo de Perillo, bordeando a ría do Burgo. Desde entón, todos usan o carril bicil e os peóns din que son increpados polos ciclistas.

"Chocan os dous, os peóns e as bicicletas. Teñen que pasar por algún sitio e non hai unha delimitación clara por onde andar".

Contan tamén que ninguén quere usar o paseo peonil de madeira. Din que non é accesible nin seguro porque hai bastantes táboas levantadas. Considérono perigoso, sobre todo, para as persoas maiores ou con problemas de mobilidade.

"Se tes problemas para camiñar... as táboas están levantadas...". "Eu tropecei o outro día e case me escarallo".

Ante as numerosas queixas dos veciños e usuarios deste paseo, desde o Concello de Oleiros explican que é probable que este ano se leven a cabo melloras e estudan tamén a posibilidade de instalar un símil de madeira no lugar da madeira da vía peonil.


 

Noticias web

23/07/2019