CRTVG

Buscar

Prisión sen fianza para a filla e o xenro da muller despezada en Madrid

Publicado o 08/08/2020 22:23

Prisión comunicada e sen fianza para filla e o xenro da muller de 70 anos despezada e semisoterrada en Chapinería, Madrid. O xuíz impútalles un delito de asasinato. A muller negouse a declarar, si o fixo a súa parella, que ante a Garda Civil xa confesara o crime.

Os dous convivían coa falecida desde había un mes. Na casa, os investigadores, atoparan sangue e unha ferramenta que podería ser a arma do crime.O detido, xenro da muller falecida, tiña antecendentes policiais por violencia de xénero e atentado contra a autoridade.



 

Noticias web

08/08/2020