CRTVG

Buscar

Prisión provisional e sen fianza para o presunto parricida de Sárdoma

Publicado o 14/01/2019 21:26

Contra as cinco e media da tarde saía dos xulgados vigueses cara ao cárcere pontevedrés da Lama Manuel Alonso, o home de corenta e tres anos que, supostamente, matou a seu pai en Sárdoma. O xuíz instrutor do caso decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza por un delito de homicidio. A causa segue baixo segredo, aínda que transcendeu que o fillo pequeno da vítima declarou durante preto de dúas horas e a súa actitude foi colaboradora.

Tras o achado do cadáver o pasado luns, a policía centrou as pescudas na contorna máis próxima da vítima e foi precisamente durante un rexistro na propiedade que compartían pai e fillo, aínda que en dúas casas, cando Manuel Alonso fillo se derrubou e confirmou a autoría do crime, quedando xa detido.

Esta tarde tivo lugar no templo parroquial de Sárdoma un funeral na honra do falecido. O seu corpo foi soterrado na máis estrita intimidade hai días.

Noticias web

14/01/2019