CRTVG

Buscar

Prisión provisional para o home que acoitelou o amante da súa parella en Vigo

Publicado o 09/06/2020 18:13
Prisión provisional para o home que acoitelou o amante da súa parella en Vigo

O Xulgado de Instrución 2 de Vigo, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza dun home que acoitelou outro ao que sorprendeu espido, do mesmo xeito que a súa parella, no sofá da súa casa, informaron fontes do Tribunal Superior de Galicia.

A Policía Nacional detivo este home na madrugada do domingo tras producirse a agresión nun domicilio da rúa Camiño da Raposa. Alí os axentes atoparon a vítima sangrando abundantemente. Foi evacuado ao hospital, onde o someteron a unha intervención cirúrxica.

A parella do detido relatou que se atopaba no sofá do seu domicilio cun mozo, ambos espidos, cando foron sorprendidos. O detido colleu un coitelo dun caixón do moble e arremeteu contra o home. O agresor foi localizado pouco despois nun domicilio familiar na rúa Teixugueiras, onde foi detido antes de ser trasladado a comisaría. 

Noticias web

09/06/2020