CRTVG

Buscar

Prisión para tres dos detidos por tráfico de drogas no poboado do Vao

Publicado o 15/02/2019 19:48

Os seis detidos na macrorredada do Vao prestaron declaración nos xulgados de Cangas. O resto dos prendidos na operación xa quedaran en liberdade en sede policial. Un grupo de familiares dos detidos pasou boa parte da xornada ás portas do xulgado. De feito, a Policía Nacional tivo que despregar un valado metálico no acceso aos xulgados para evitar calquera incidente. A maioría deles reside no poboado de Poio onde se atoparon tan só nunha vivenda 600 gramos de heroína.

O xuíz mantén os seis como investigados por dous delitos: tráfico de drogas e pertenza a banda criminal organizada xa que considera que formaban parte dunha organización que traficaba con haxix e cocaína a mediana escala e distribuíaa a menor escala.

O titular do Xulgado de Instrución número tres de Cangas, David Pérez Laya deixou tres en liberdade pero impúxolles medidas cautelares como a retirada do pasaporte. Para outros tres ordenou o ingreso en prisión.

 

Noticias web

15/02/2019