Prisión para os homes acusados de violar dúas mozas en Manresa
Publicado o 13/12/2019 08:50

O xuíz decide mandar á cadea os dous acusados de violar dúas mozas o luns en Manresa. Trátase dun home de 29 anos e doutro de 36, e impútanlles un delito de agresión sexual.
Unha das vítimas é menor de idade e logrou fuxir do piso en que supostamente as retiveran saltando pola ventá, e denunciou inmediatamante despois os feitos.
Un dos sospeitosos foi detido no mesmo inmoble e o outro, arrestado o día seguinte na mesma localidade de Manresa.
Máis sobre actualidade
27/02/2021 15:38
27/02/2021 15:22