CRTVG

Buscar

Prisión para o home acusado de matar a súa muller en Madrid

Publicado o 19/09/2019 17:34
Prisión para o home acusado de matar a súa muller en Madrid

O xuíz decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o home acusado de matar o pasado martes a súa parella en Madrid, ao que imputa un delito de homicidio, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid.

Os feitos ocorreron o martes na vivenda da muller, situada no número 15 da rúa Juan Pascual da capital, e foi unha das dúas fillas menores da parella a que chamou os servizos de emerxencia para avisar de que o seu pai acoitelara a súa nai no portal.

Francisco G. M. C., ecuatoriano de 42 anos, tiña unha orde de afastamento da vítima por denuncias de malos tratos ditadas por un xulgado da localidade madrileña de Navalcarnero, aínda que esa medida xa estaba cancelada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí