Principio de acordo para Harvey Weinstein: as aseguradoras pagarán 25 millóns de dólares
Publicado o 12/12/2019 08:30

Principio de acordo do produtor de Hollywood Harvey Weinstein con ducias de vítimas. As aseguradoras do seu estudo pagarían 25 millóns de dólares e el non tería que admitir culpabilidade.
Segue adiante o proceso para o xuízo penal en Nova York, que arrinca o 6 de xaneiro, en que está imputado por unha violación e outra agresión sexual. O produtor, con todo, está preto de liberarse de ducias de xuízos e demandas presentados por máis de 30 mulleres que o acusan desde acoso e abuso ata de violación.
Máis sobre actualidade
04/03/2021 20:55
04/03/2021 20:43