CRTVG

Buscar

As obras na estación ourensá afectan 43 trens

Publicado o 04/10/2019 21:10

Uns minutos despois das sete, chegaba á estación de Ourense o Intercity de Bilbao Irún. Tiña que seguir ata Vigo, pero rematou aquí a viaxe polas obras nas vías.

Á porta da estación agardábaos un autobús, aos pasaxeiros que xa viñan no tren, e tamén aos que tiñan previsto subir aquí para desprazarse a Vigo.

Entre mañá e o domingo haberá outros seis trens afectados. Novamente o intercity Bilbao Vigo, de ida e de volta, e os trens hotel desde Barcelona e Madrid. En todos os casos, hai servizo alternativo de autobús no treito afectado.

O peor día vai ser o luns, con 24 trens afectados: os que comunican Galicia coa meseta e tamén rexionais e de media distancia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/10/2019

Máis sobre Ourense