CRTVG

Buscar

Primeiro transplante de corazón en España dun doante en parada cardiorrespiratoria

Publicado o 17/02/2020 20:05

Por primeira vez en España, realizouse o transplante dun corazón procedente dun falecido por parada cardiorrespiratoria. Os médicos do hospital Puerta de Hierro conseguiron reanimar o corazón dentro do corpo do doante falecido antes de extraelo. A nova técnica permitirá aumentar nun 10 por cento a doazón de órganos cardiacos.

Jorge Washington é o primeiro beneficiario desta nova técnica que se coñece como doazón en asistolia. Levaba seis meses en lista de espera, facendo vida no hospital e cada vez con menos opcións. Por iso non dubidou en someterse a esta operación.

Jorge Washington, primeiro transplantado en asistolia: "Con moita confianza cos médicos que tiña á beira; entón, ao ter moita confianza, pois todo se facilita e eu non dubidei en ningún instante de nada, e todo se realizou con éxito".

Ata o de agora as doazóns de corazón procedían de mortes encefálicas porque se consideraba que tras unha parada cardiorrespiratoria o corazón non era apto. E nos poucos casos en que se podía aproveitar, os médicos extraían o órgano para intentar reanimalo fóra. Coa nova técnica, poden recuperar o corazón no propio corpo do doador falecido mediante unha máquina de circulación extracorporea, ECMO, que o mantén osixenado. Despois implántano no receptor.

Alberto Forteza, xefe do Servizo de Cirurxía Cardíaca e Cardiovascular: "É un órgano moi sensible á isquemia, e entón temos moito menos tempo que nun transplante normal para poder perfundir no ECMO e poder recuperar o resto de órganos, non só o corazón".

Neste caso, ademais do corazón do doante tamén puideron aproveitar os riles, o fígado e outos tecidos que se van poder utlizar para outros enfermos. España convértese asi no quinto pais do mundo en realizar este tipo de operacións, que abren unha nova vía para ampliar o número de órganos dispoñibles.

Noticias web

17/02/2020