CRTVG

Buscar

Primeiro día laborable sen restauración, con problemas para atopar o menú do día

Publicado o 09/11/2020 13:47

Hoxe é o primeiro día laborable tras o peche da hostalería nos 60 concellos galegos suxeitos ás restricións máis duras. Un peche de bares e restaurates que dificulta o día a día dos traballadores. Agora teñen dificultades para acceder a servizos ou ao menú do día.

"Esenciais nunca deixamos de selo, nesta pandemia traballamos máis ca nunca. Pero o básico, asearse, comer, está sendo moi difícil", explica Xosé Teijido, transportista. Agradece hoxe aos poucos bares e restaurantes que manteñen abertos os servizos e ofrecen café e comida para levar. Un deles, o comedor de Mercagalicia, que atende pedidos por WhatsApp.

A Avelino e Pilar gustaríalles poder poñerlles aos seus clientes de todos os días un prato quente nas mesas, pero teñen que optar polas friameiras para levar, porque non están considerados como comedor dun centro de traballo.

Nos centros das cidades, os traballadores de oficinas, repartimento e comercios buscan o alivio dun café quente.

Nas áreas perimetradas, bares, cafés e restaurantes terán a única opción de dedicarse aos produtos para levar ata, polo menos, o 4 de decembro.

Noticias web

09/11/2020