CRTVG

Buscar

Primeiro día laborable con ou sen restricións: o caso de Vilalba e O Carballiño

Publicado o 23/11/2020 14:35

Luns e rúas baleiras, Vilalba vive o primeiro día laborable tras o peche.

"Mira como está Vilalba, non ves a ninguén, só os que temos que vir por cousas importantes". "So hai que ver a rúa, moita menos xente". "A vila está parada".

Os veciños tratan de adaptarse á nova rutina.

"Moi complicado, eu teño dous negocios de hostalería, un pechado e o outro con servizo a domicilio". "Abro as seis e sirvo cafés para levar, como se pode".

Imaxe ben distinta a que atopámos no Carballiño, a vila recupera a trasfega diaria tras saír das restricións máis duras.

"Facía falla, isto era unha vila fantasma". "Gozamos dun pouco de liberdade, pero temos que ser moi prudentes". "Había ganas do café, pero, sobre todo, polos hostaleiros, que o pasaron moi mal".

A hostalaría recuperou a actividade e con ela a vida social e a visita dos veciños da contorna.

"Antes non se podia vir". "Moi ben, notase o cambio".

Sobre se outros concellos que melloraron os seus datos poderían seguir os pasos do Carballiño...

"Hai que analizar os datos con moita cautela, igual que baixan de xeito rápido tamén poden subir. Mellor mañá no comité analizar os casos con detalle", di o conselleiro de Sanidade, Julio García.

O 4 de decembro é a data orientativa fixada por Sanidade de periodicidade das restricións máis duras.

Noticias web

23/11/2020