CRTVG

Buscar

Primeiro día de adestramento do Obradoiro a sete semanas do comezo da liga

Publicado o 13/08/2019 21:18

Volta a empezar no Sar. Primeiro día de adestramentos do Obradoiro, un equipo practicamente novo, como todos os anos. Material en bruto ao que lle dará forma Moncho Fernández por novena temporada consecutiva.

Pozas:"Os adestradores saben. Seremos capaces de sacar o mellor de cada un"

Pozas vai pola sexta temporada en Santiago. É moi consciente de que o éxito do club consiste en manter a categoría.

Pozas: "Está claro queol obxectivo é salvarnos"

A veteranía é importante. Para iso chega tamén á posición de base Earl Calloway. 35 anos e coñecedor da ACB. Pozas: "Coincidín con el en Málaga. Vainos dar bastante" Faltaron a esta primeira sesión Brodziansky, con Eslovaquia e Kravic, Magee e Daum, resolvendo os seus visados. Hai sete semanas por diante ata a estrea ligueira contra o Barcelona o 27 de setembro.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019