CRTVG

Buscar

Primeiro concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia tras o estado de alarma

Publicado o 01/07/2020 20:48


A música volve soar no Pazo da Ópera da Coruña. Cun programa monográfico de Beethoven, a Orquestra Sinfónica de Galicia ofrece o seu primeiro concerto desde o 14 marzo, cando se decretou o estado de alarma. Volven con moita ilusión e moitas ganas de compartir música

 "Con moitisimas ganas. Levamos xa tres semanas traballando co colectivo enriba do escenario. Foron obviamente moitas semanas de preparación, de adaptación á nova normativa relacionada cos protocolos de seguridade. Pero estamos entusiasmados", afirma o xerente da OSG.

Unhas medidas de seguridade que empezan desde a entrada ao pazo, unha ocupación reducida na sala e máscaras para todos, mesmo os músicos, agás os de vento por razóns obvias

 " Creamos unha serie de circuítos para os nosos abonados vaise manter sempre a distancia de seguridade dentro do recinto, vai haber xeles, todo o mundo ten que levar máscara, así como todos os demais temos que adaptarnos" di o xerente da OSG

Este primeiro concerto está dedicado a todos o abonados da Sinfónica que renunciaron á devolución do importe de todos os concertos cancelados polo coronavirus.

Noticias web

01/07/2020