CRTVG

Buscar

Primeiro adestramento de Sabin Merino co Deportivo

Publicado o 14/01/2020 15:09

• Podería ter a súa primeira oportunidade o xoves ante o Racing

Esta mañá foi o  primeiro día en Abegondo para Sabin Merino. O xogador vasco reforza o ataque deportivista. Ten 28 anos e formouse na canteira do Athlétic. Ata agora era xogador do Leganés, onde non contaba para Javier Aguirre. Veremos se vai convocado o xoves no partido co Rácing de Santander. Asinou ata o 2022, agás que o Deportivo descenda á Segunda B.

Noticias web

14/01/2020