CRTVG

Buscar

Portugal impulsa as primeiras restricións polo coronavirus

Publicado o 12/03/2020 15:20

Desde o ministerio advirten que pode brotar con forza en calquera momento. Non pechan os colexios de momento, din que non hai indicios aínda para esa medida, pero si se van pechando servizos e habendo restricións.

Na fronteira con Galicia as eurocidades cancelaron as actividades que moitos galegos utilizan cada día como cursos, bibliotecas e piscinas, e en Verín-Chaves suspendeuse temporalmente o transporte público entre as dúas vilas. A maior parte dos casos positivos está no norte do país.

No Porto, a restrición máis notable é que a súa universidade pechou portas e hai un ximnasio en corentena despois de que un cliente dese positivo. Iso si, nunha cidade tan turística nótase o baixón. Isto nos contaban os hostaleiros esta mañá.

As cafeterías das zonas máis turísticas do Porto están practicamente baleiras, e o mesmo ocorre coa zona de compras de Santa Caterina. No café Majestic, o máis famoso da cidade, hai sitios de abondo onde sentar. Os profesionais da hostalaría confirman que hai moitos menos turistas a causa da pandemia.

Noticias web

12/03/2020