CRTVG

Buscar

Primeira noite no cárcere da Lama dun dos presos máis perigosos de toda España

Publicado o 06/01/2019 14:17

Citámonos con dous representantes sindicais do centro penitenciario da Lama, a onde onte foi trasladado, procedente do cárcere de Teixeiro, un dos criminais máis perigoso de España, Fabrizio João. João, que suma penas de 50 anos de cadea polo asasinato da súa moza e dun compañeiro de cadea, estaba en Teixeiro en réxime de illamento, o mesmo que cumprirá na Lama.

José Carlos Moreno, delegado de CC. OO. na Lama: "Este tipo de internos adoita cambiar de prisión cada seis meses, aínda que é verdade que estivo en Teixeiro dous anos. decidiron desde Madrid cambialo a Pontevedra, que ao final é cambiar un problema de Teixeiro á Lama. O problema de persoal é nos dous centros o mesmo".

Marcos Blanco, delegado de ACAIP na Lama, di que na Lama hai un cadro de persoal escaso e envellecido e que teñen 50 vacantes en interior que están sen cubrir e iso é moita xente.

Por este déficit de funcionarios adscritos ao Ministerio de Interior os sindicatos levan máis de un ano con protestas e folgas. Este vídeo mostra unha agresión de Fabrizo João, de 120 quilos e moi agresivo, a oito funcionarios.

José Carlos Moreno, delegado de CC. OO. na Lama, di que debido a que traballan con persoas e os déficits hai que cubrilos porque se nota máis que nunha oficina onde se trabala con papeis. Porque o seu é un traballo con persoas.

Marcos Blanco, delegado de ACAIP na Lama, engade que está claro que se nun módulo hai menos funcionarios a nosa seguridade ponse en perigo e, á parte da nosa seguridade, a dos propios internos xa que non podemos ter un control visulal en todo momento sobre eles.

O alcumado Annibal Lecter español estará illado nunha cela en que se duchará e comerá. Gozará de catro horas de saída ao patio en soidade e non terá contacto físico nin con funcionarios nin con outros reclusos.

Noticias web

06/01/2019