Prevén que nuns 20 anos o Amazonas perda a súa capacidade de rexeneración
Publicado o 31/08/2019 14:34
As queimas na Amazonía prodúcense de xeito cíclico pero este ano están sendo especialmente graves. O investigador científico do CSIC Serafín González considera que negalo, como fai o presidente do Brasil, é absurdo á vista dos datos.
O tamén presidente da Sociedade Galega de Historia Natural subliña que deforestar a selva con fins agrícolas, gandeiros, madeireiros e mineiros é pan para hoxe e fame para mañá e que se non se protexe o bosque xa chegará un momento en que non se poida recuperar.
Serafín González recorda que está moito en xogo.
Máis sobre actualidade
22/01/2021 08:37
22/01/2021 08:08
22/01/2021 07:52