CRTVG

Buscar

Un autobús percorre o rural para achegar prestacións aos maiores

Publicado o 01/07/2019 13:47

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou hoxe o autobús instalado no Concello de Tordoia no marco do proxecto europeo REDMAY, unha rede de apoio e mantemento comunitario de persoas maiores do rural. Tordoia é un dos 20 concellos galegos que ao longo dos vindeiros meses contarán, durante unha semana, coas prestacións asistenciais que detallou a conselleira. "Prestaranse servizos de podoloxía, de oftalmoloxía, de atención ao alzhéimer e interpretación das distintas facturas. Son cinco concellos por cada provincia, vinte en total, terá unha duración de meses e percorrerá distintas parroquias".

Noticias web

01/07/2019