CRTVG

Buscar

Preséntase Brétema, o perfume de Sargadelos

Publicado o 07/11/2019 20:21

A fábrica de Sargadelos en Cervo vestiu de gala para presentar o seu novo produto. Como tiña que ser, viste de porcelana, pero é outra cousa: o primeiro perfume da marca.

"Intentamos recoller neste pequeno porrón un pouco da esencia da nosa terra. Neste caso esencia de brétema. Preséntase como un auga de perfume unisex fresca", explica a responsable de deseño de Sargadelos.

Un perfume dentro dunha xoia da mellor porcelana. O porrón leva tallados os catro elementos necesarios para o proceso cerámico: auga, aire, terra e lume, que unidos aos símbolos da Sargadelos emerxen do azul cobalto, a cor sinal de identidade da marca.

"E como é un frasco case único no mercado. Non hai envases de porcelana que conteñan aromas, ofrecemos a posiblidade de reenchelo unha vez esgotado sempre que se envíe ás nosas instalacións". 

Brétema vaise vender en exclusiva nunha coñecida cadea galega de perfumerías.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019