CRTVG

Buscar

Preséntase Asemgal, unha aposta polo turismo de autocaravana

Publicado o 30/06/2020 15:26

Na fantasía alimentada polo cine, por exemplo, quen non perseguiu soños correndo detrás dunha Camper? Quen non se converteu nun auténtico capitán fantástico viaxando en plena liberdade? Quen non se sentiu un campión rodeado de amigos dentro dunha autocaravana?

Usada mil veces no cine e cada vez máis na vida real. O ano pasado circularon polas estradas españolas 150.000 autocaravanas. Vémolos pasar con certa cara de envexa. Pero cada vez ímonos animando máis. Segundo a Asociación de Empresas Galegas de Alugueiro de Caravanas, que se presentaba esta mesma mañá, este tipo de turismo medra, sobre todo en tempos de Covid.

O alugueiro de autocaravanas supera as 2.000 prazas turísticas en máis de 500 vehículos e factura mais de 10 millóns de euros. A paisaxe, a cultura e o Xacobeo, son condicións perfectas para o caravaning. E Asemgal nace para manter unha oferta de calidade no turismo de autocaravanas e favorecer tamén a economía local.

E xa que falamos de economía... canto nos custa alugar unha autocaravana?

Será un verán distinto en que miraremos o mundo desde outra perspectiva. Quizais algúns cumpran algunha fantasía.

Noticias web

30/06/2020