CRTVG

Buscar

Presentan o documental 'Máis ca vida', de Rubén Riós, sobre os soños das persoas con discapacidade

Publicado o 09/04/2019 21:35

Este martes pola tarde en Vigo, tivo lugar a presentación oficial do documental Máis ca vida, dirixido polo actor e director galego Rubén Riós, na Fundación Barrié. A peza audiovisual reflicte as realidades, problemas e soños das persoas con discapacidade. É o primeiro proxecto que utiliza o cine como ferramenta de inclusión social e laboral neste ámbito da discapacidade. Un documental que conta co apoio de varias entidades, entre elas a ONCE e o Fondo Social Europeo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/04/2019