CRTVG

Buscar

Presentan máis dun millón de sinaturas para pedir a despenalización da eutanasia

Publicado o 12/07/2019 18:58

Recolleron máis dun millón de sinaturas en tres campañas na plataforma Change.org. Piden que se reforme o Código Penal para que deixe de castigarse a eutanasia con ata dez anos de cárcere. É a pena á que se enfronta Ángel Hernández, que o pasado mes de abril axudou a morrer á súa muller, tal e como ela lle pedía... Hoxe, el mesmo entregaba no Congreso as sinaturas.

A campaña iniciouna, precisamente, Marcos Hourmann, o primeiro médico condenado en España por practicar a eutanasia. E canda eles, as familias de Maribel Tellaetxe e de Luis de Marcos. Piden unha lei de morte digna que xa chega tarde para os seus seres queridos.

Noticias web

12/07/2019