CRTVG

Buscar

Presentan a sétima edición dos Premios Martín Códax da Música

Publicado o 27/02/2020 21:44

 


Presentouse en Compostela a sétima edición dos Premios Martin Códax da Música Galega. Un total de 20 proxectos serán recoñecidos nun certame que en palabras da presidenta da "Asociación Músicas ao Vivo ", entidade organizadora, quere recoñecer e facer rendible o potencial da nosa música. Desde o 1 ao 15 de marzo estará aberto o proceso de inscrición para todos os proxectos musicais galegos e e en activo. Na gala de presentación deuse a coñecer o novo e definitivo logo dos Premios, que ata o de agora cambiaba en cada edición.




 

 

Noticias web

27/02/2020