CRTVG

Buscar

Presentado o proxecto da nova terminal de Lugo

Publicado o 28/09/2020 15:19

A conselleira de Infraestruturas insta a pechar canto antes o acordo que faga realidade a estación intermodal de Lugo.

Foi o que lles transmitiu á presidenta do Adif e á alcaldesa de Lugo na xuntanza que hoxe mantiveron por videoconferencia para presentar o proxecto da nova terminal.

Ethel Vázquez ratificou o compromiso do Executivo de financiar a nova estación, que prevé un investimento de seis millóns de euros, co obxectivo de dar servizo a uns trinta mil viaxeiros ao ano.

Noticias web

28/09/2020