Preocupan os atracos a taxistas en Santiago, o último deles a punta de navalla
Unha taxista sufriu esta mañá un atraco a punta de navalla mentres viaxaba a Lestedo con dous ocupantes no vehículo. O medo da condutora fixo que optara por tirarse do coche en marcha para fuxir dos asaltantes.
Foi arredor das sete e media desta mañá no Hospital Clínico cando un home e unha muller subiron no coche da taxista compostelá. Pouco despois, o home que viaxaba no taxi sacou unha navalla e comezou a dar ordes e ameazar a condutora.
O impulso da taxista foi tirarse do vehículo en marcha para poder fuxir do secuestro.
Agora, afortunadamente, atópase ben e recupérase do susto.
Un susto que xa non é o primeiro que sofren os taxistas da cidade nas últimas semanas.
Concretamente, nos últimos quince días sufriron un total de cinco atracos, tres deles con arma branca.
Desde o sector din que, ante isto, cómpre tomar medidas urxentes.