CRTVG

Buscar

Preocupación polas festas nos pisos de estudantes en Santiago

Publicado o 01/10/2020 15:08

Chega a noite do xoves e toca facer plans. A pandemia obrigou a pechar o ocio nocturno, así que algúns estudantes optan por trasladar a festa aos pisos.

O ruído e o risco de contaxios nestas celebracións privadas esperta a preocupación entre algúns veciños do ensanche compostelán. As chamadas á Policía Local sucédense desde que comezou o curso, e non só os xoves.

En menos de dúas semanas, a Policía Local tivo que intervir en 83 festas en que se incumpría a normativa de seguridade. Feito que os obrigou a reforzar con 20 axentes o dispostivo de control nocturno. Como alternativa de ocio responsable desde a USC e a asociación de hostaleiros propoñen que o estudantado se divirta nos bares que cumpren coas normas e que "Non a líen" en tempos de pandemia.









 

Noticias web

01/10/2020