CRTVG

Buscar

Preocupación pola covid-19 na cidade e na área de Vigo

Publicado o 16/01/2021 14:20

Por veces a ringleira do covid-auto do Cunqueiro de Vigo chega á estrada Clara Campoamor. Hoxe non atopamos aquí cribados aleatorios por concellos, tampouco preoperatorios. Só persoas que tiveron contacto próximo con afectados na área sanitaria de Vigo: xa sea en Tomiño, en Baiona ou na propia cidade.

Todos os contactos cos que puidemos falar son posibles casos con orixe en xuntanzas do Nadal ou no contacto social das últimas datas. Na área de Vigo hai hoxe 50 hospitalizados, dezanove deles en coidados intensivos.