CRTVG

Buscar

Preocupación no barrio de Palavea, na Coruña, pola presenza de 'okupas'

Publicado o 09/06/2020 15:37

É o día a día dos veciños desta zona do barrio coruñés de Palavea. Os enfrontamentos cos okupas ocorren con moita frecuencia. Isto sucede, especialmente, din, desde a chegada dunha familia hai uns meses.

Os veciños piden que se interveña para o que o barrio recupere a tranquilidade.

Din que entenden que todo o mundo necesita unha vivenda e ata lles ofreceron axuda.

Pero, segundo aseguran, só lles responderon con continuas faltas de respecto e con actuacións que están a danar moito a convivencia no barrio.

Por todo isto, a asociación de veciños convocou os afectados esta semana para decidir se realizan algún acto de protesta.

Noticias web

09/06/2020