CRTVG

Buscar

Preocupación na costa pola afluencia masiva de foráneos para pasar a corentena

Publicado o 14/03/2020 15:02

 • O Concello de Sanxenxo prohibe o acceso ás praias

Na costa estes días aumentou a poboación, a consecuencia da chegada de persoas de fóra que elixiron esta zona para pasar a corentena. Unha medida que conta co rexeitamento dos veciños das localidades afectadas, que temen que aumenten os riscos de contaxio. 

Por certo que acabamos de saber que o concello de Sanxenxo, ordeou o peche de todas as praias do municipio e prohibiu o acceso a elas. Apelan á responsabilidade dos veciños e especialmente, din, dos visitantes chegados doutros lugares de España para frear a expansión do coronavirus. 

... É o comentario xeneralizado en lugares de costa onde a presenza de foráneos faise notar xusto nestes días nos que se recomenda non viaxar para non espallar o virus.

Os veciños cren que a presenza de persoas procedentes doutros lugares onde a enfermidade está máis estendida contradí a norma de manterse nas casas.

Complicada situación, que esixe da responsabilidade e o civismo de todos.

Noticias web

14/03/2020