CRTVG

Buscar

Preocupación entre os traballadores de Alcoa tras a visita da ministra de Industria

Publicado o 09/10/2019 14:28

Decepcionados e preocupados. Esta é a reacción dos traballadores de Alcoa tras a visita da ministra de Industria. Repróchanlle a falta de solucións para abaratar o custo da enerxía e que non informe sobre o contido do estatuto para as empresas electrointensivas.

O medo e a incerteza sobre o futuro da factoría esténdense non só entre os 2.000 empregados, senón tamén por toda a comarca. Os traballadores din que están en situación de emerxencia e seguirán mobilizándose por todos os concellos da Mariña.

 

Noticias web

09/10/2019