CRTVG

Buscar

O peche da actividade preocupa os hostaleiros e comerciantes das vilas de Asturias lindeiras con Galicia

Publicado o 03/11/2020 14:37

"É moi complicado, non sei se aguantaremos". E o temor dos hostaleiros e comerciantes de Asturias. Esta medianoite baixan de novo a reixa.

"Que vendan os de Internet, son os que están abocados a vivir, nós a pechar". "Tes que tirar de aforros e de créditos".

Na Veiga, na fronteira con Galicia, na comarca hai poucos contaxios, por iso aquí quéixanse de que as restricións sexan as mesmas para toda a comunidade.

"Estas medidas tan restritivas para a zona en que apenas hai efectos de covid-19 van traer un problema económico importante". "Mirar por área sanitaria ou concellos".

Unha petición á que suma o alcalde. A actividade económica da zona xa se viu afectada polo peche da fronteira con Galicia. 

"Para os concellos pequenos é matarnos, e os que estamos na fronteira aínda máis", di César Álvarez, alcalde da Veiga.

Preocupación e incerteza tamén na rúa. "Isto xera moita inseguridade laboral, non sei se vou traballar ou non". "O meu home é autonómo na construción".

O Principado manterá a actividade educativa e adiantou o toque de queda ás dez da noite. As medidas entran en vigor esta medianoite por un período inicial de 15 días.

Noticias web

03/11/2020