CRTVG

Buscar

Preocupación en Tui polo roubo en sete locais hostaleiros nun mes

Publicado o 30/01/2019 14:32

En Tui, os comerciantes están preocupados pola vaga de roubos que se produciron no último mes. Os ladróns aproveitan a noite para entrar con forza nos distintos establecementos da zona urbana.

O seu obxectivo son cafeterías, restaurantes, tendas de informática e mesmo panadarías. A Garda Civil que investiga o sucedido e cre que se trata das mesmas persoas en todos os casos.
Forzando portas, rompendo pechaduras e mesmo os cristais de entrada deste restaurante. Os ladróns, que aínda non foron detidos, perpetran os seus roubos en plena noite en distintos establecementos da zona urbana de Tui.

Sete foron os seus obxectivos no últimos mes. Cafetarías, restaurantes e mesmo tendas de informática. Nalgún caso, intento de roubo fallido grazas á colaboración cidadá.

Os comerciantes están preocupados porque nalgún caso chegaron a entrar no mesmo lugar dúas veces. Tamén esta panadaría das aforas de Tui padeceu estes roubos. No seu caso, amais do botín, os ladróns provocaron importantes estragos.

Para o pequeno comercio, isto é un dano máis emocional que económico. Por iso, piden máis seguridade policial.

Moitos dos establecementos roubados contaban con sistemas de vixilancia. Unha ferramenta máis para a Garda Civil, que leva a investigación. Cren que os autores son os mesmos en todos os casos.







 

Noticias web

30/01/2019

Máis sobre actualidade