Inmobilizan un barco con 118 kg de cigala para investigar se se capturou en zona vedada
Publicado o 08/07/2019 18:00
Reteñen un barco portugués de armador galego con 118 kg de cigala para investigar se a pescou nunha zona vedada. Interceptárono á altura de Fisterra , no ímite entre unha zona vedada e outra non, polo que é difícil determinar a procedencia das capturas. Non axuda tampouco que a cigala que foi atopada a bordo non está apuntada no diario electrónico de pesca. Polo momento o expediente ao barco é administrativo, se se consegue demostrar que a cigala foi capturada en zona vedada, terá que responder por un delito.