CRTVG

Buscar

Premian unha técnica utilizada no hospital de Lugo para desfacer o calcio nas arterias

Publicado o 07/10/2019 14:43

A poboación envellecida con enfermidades coronarias adoita ter moita carga de calcio nas arterias. Estes casos acababan en cirurxía, pero dende hai meses o hospital de Lugo utiliza unha técnica pioneira, a litoplastia coronaria. A través de ondas de choque desfán o calcio que tapona mesmo as arterias máis grandes, como é o tronco coronario.

A aplicación desta técnica, que realizaron xa con éxito en 16 pacientes, foi premiada nun congreso internacional de cardioloxía. O hospital de Lugo é o primeiro de Galicia e un dos tres hospitais de España que están a levar a cabo esta innovadora técnica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2019