CRTVG

Buscar

Preestrea de 'Galicia bonita', o novo programa da TVG que chega o luns ás pantallas

Publicado o 24/04/2019 22:25

Estivemos de preestrea esta tarde na TVG. 'Galicia bonita' é o novo programa que chega á Galega o vindeiro luns e que vai mellorar o feísmo de moitas das casas do país. Para iso, un equipo de decoradores, arquitecta e albanel, cámara ao ombreiro, póñense, nunca mellor dito, mans á obra.

Unha arquitecta, unha decoradora, un equipo de arranxos e un reto: converter en bonito os feísmos máis comúns das vivendas galegas. Teñen que facelo, ademais, en 5 días.

Galicia bonita é isto, poñer en concordancia a nosa paisaxe natural con estoutra paixase, fomentar así o coidado do noso patrimonio. Din que os galegos somos desconfiados, porén ,os que confiaron no noso equipo de obras quedaron bastante satisfeitos.

Estas impresións roubámolas este mércores en Compostela na preestrea de Galicia bonita. As súas chegarán o vindeiro luns. Primeira parada, Boiro, ás dez da noite na Televisión de Galicia.

Noticias web

24/04/2019