CRTVG

Buscar

Preestrea nacional en Santiago da película 'A galiña Turuleca'

Publicado o 19/12/2019 21:37

Preestrea nacional en Santiago de 'A galiña Turuleca', a película de animación baseada na famosa canción. O filme, en que participa a CRTVG, chegará aos cines a partir do 1 de xaneiro.

Sábena os nenos e tamén os maiores. A galiña que popularizaron os pallasos da tele dá o salto á gran pantalla. A película de animación en 3D está tamén participada pola CRTVG.

A preestrea nacional foi en Santiago, un milleiro de nenos foron os primeiros en vela. 'A galiña Turuleca' chegará aos cines o primeiro de ano. E grazas a Filmax e á Fundación Andrea, tamén poderán vela os nenos ingresados nos hospitais galegos.

Noticias web

19/12/2019