CRTVG

Buscar

Cuadrículas nas praias de Samil e O Vao, cunha ocupación máxima de 15.000 persoas

Publicado o 23/05/2020 19:35

A partir do 15 de xuño as dúas praias principais de Vigo: Samil e O Vao terán cabida conxuntamente só para quince mil persoas de xeito simultáneo. Non se vai controlar o tempo de estadía, pero si as distancias. Delimitaranse cuadrículas con cintas de cores de 8 por 8 metros, onde poderán estar só entre seis e oito persoas.Tamén se delimitará o espazo verde; retiraranse as mesas de pedra e prohibirase comer de mesa e mantel.

Así serán as novas cuadrículas que delimitarán os areais do Vao e de Samil a partir do 15 de xuño, colocaránse cada día. Teñen unha superficie de 8 por 8 metros e terán cabida como moito para oito persoas. Isto suporá que simultáneamente nos grandes areais vigueses só poderá haber quince mil persoas en cada momento.

Non se vai controlar o tempo que se está na praia, pero si o cumprimento das normas de distancia interpersonal marcadas polas autoridades. Tamén haberá circuítos de ida e de volta; entre parcelas corredores marcados en branco para moverse polo areal e en verde para subir ao paseo ou baixar á auga.

Tamén no paseo haberá marcas de ida e de volta, e poderase pasear á beira do mar pola zona intermareal. Outra das grandes novidades será tamén a delimitación de cuadrículas tamén na zona verde, tamén de oito por oito pintadas. Vanse eliminar as mesas de pedra e prohibirase comer na zona, de prato e mantel, costume moi arraigado sobre todo no bosque de Samil.

Noticias web

23/05/2020