CRTVG

Buscar

Prades: "A prata mundial sabe máis ca unha prata. É un ouro ao traballo e ao esforzo"

Publicado o 17/12/2019 20:42

A prata mundial sábelle ben a José Ignacio Prades, o adestrador do Mecalia Guardés e membro do corpo técnico da seleccion española de balonmán."Sabe máis ca unha prata. É un ouro ao traballo e ao esforzo".

A polémica xogada da final, que privou ás españolas do título, vese en frío doutra maneira.
Prades: "A parella arbitral fixo un bo campionato. A crítica que podemos facer é que a tecnoloxía debería estar presente nestas ocasións".

E o descubrimento dunha gran xogadora, a galega de Valdoviño Alicia Fernández: "Unha xogadora nova e importantísima para nós. Foi unha das máis destacadas".

Volver ao Xapón no verán e pelexar outra medalla é o seguinte obxectivo para todas, previa clasificación no preolimpico do mes de marzo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/12/2019