CRTVG

Buscar

PP e Ciudadanos defendían a suspensión sen agardar o informe dos letrados

Publicado o 24/05/2019 14:15

A vicepresidenta terceira da Mesa do Congreso, Ana Pastor, do PP, afirmou tras coñecerse a decisión de suspender os catro deputados cataláns en prisión preventiva que "se perderon 48 horas" porque xa dende o mércores os populares viñan avogando pola suspensión automática.

Pastor, en declaracións aos medios tras a comparecencia da presidenta da Cámara, a socialista Meritxell Batet, cualificou ademais de "pequena broma" que a propia presidenta do Congreso transmita a versión de que non houbo votación para decidir a suspensión, pois si que a houbo ao pronunciarse os grupos representados a favor ou en contra da medida.

O secretario xeral de Ciudadanos, José Manuel Villegas, celebrou a decisión da Mesa do Congreso de suspender os deputados en prisión preventiva, e pediu que esta teña un carácter retroactivo e se aplique desde o día das eleccións, o 28 de abril, e non desde o 21 de maio, como se acordou.

Villegas afirmou que a suspensión era "o único que se podía resolver" despois do informe dos letrados da Cámara e da postura do Tribunal Supremo, favorable a esta decisión, e acusou á presidenta da Mesa, Meritxell Batet, de "facer o ridículo" e "esconderse detrás de informes" por atrasar a súa actuación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí