CRTVG

Buscar

PP e C's intentan frear a ampliación do permiso de paternidade

Publicado o 13/03/2019 20:37

O que se debate é como tramitar os catro decretos leis que aprobou o Goberno de Pedro Sánchez dende que se convocaron as eleccións. O Congreso está disolto e o órgano activo entre lexislaturas é a Deputación Permanente. Esta mañá reuniuse a súa Mesa.

Ciudadanos, co apoio do Partido Popular, solicita un informe aos servizos xurídicos da cámara sobre a ampliación do permiso de paternidade a 8 semanas que estaba previsto que entrase en vigor o 1 de abril. Cren que é inconstitucional. Mañá saberemos se decae ou se continúa coa súa tramitación.

 

 

 

Noticias web

13/03/2019