CRTVG

Buscar

PP, Cs e Vox censuran que Sánchez se apoie en "inimigos de España"

Publicado o 07/01/2020 15:14

Pablo Casado comezou a súa intervención reivindicando a Constitución e a figura de Filipe VI. Para o presidente do PP Sánchez é un ultra que usa o estado de dereito como moeda de cambio.

Pablo Casado, presidente do Partido Popular: "Señor Sánchez, a democracia española só tivo dous grandes inimigos, os terroristas e os golpistas. Porén, hoxe vostede púxolle o noso futuro nas súas mans á custa de liquidar o Estado e o socialismo constitucional". "Ultra é quen atenta contra a propiedade privada, a tolerancia, o libre mercado, a liberdade individual e de prensa. E todo iso é contra o que queren atentar os seus aliados"

O líder de Vox cualificou de ilexítimo o goberno de Sánchez. Dixo que era froito da mentira e a traizón e que ten o apoio da ETA.

Santiago Abascal. presidente de Vox: "Quere presidir, ou mellor dito, copresidir un goberno ilexítimo. Porque da mentira e da fraude brutal aos españois só pode nacer a ilexitimidade"

Ciudadanos tamén cargou contra Sánchez por apoiarse en partidos nacionalistas.  Inés Arrimadas. Ciudadanos: "Pactar con Bildu, co PNV e con ERC é desigualdade, é nacionalismo e é sanchismo, non é progresismo"

Juns per Cat mantivo o non a Sánchez pero tendeu a man a un diálogo futuro se se demostra que non ten intencións meramente cosméticas.

Laura Borrás, Junts per Cat: "Non podemos votar en contra de Cataluña e a prol da represión"

E Ana Oramas pediulle perdón ao seu partido por votar non a Sánchez contra o criterio da dirección de Coalición Canaria. Di que non é unha transfuga e que votou en conciencia
 

Noticias web

07/01/2020