CRTVG

Buscar

Poxan 280 euros pola centola máis grande no Grove, de 4,5 Kg

Publicado o 27/11/2020 20:59

Son o rei e as raiñas da lonxa do Grove. As tres mellores centolas da xornada. De 2 ,400 kg as femias e de 4,550 kg o macho.
Despois de felicitar aos mariñeiros que colleron as centolas premiadas neste concurso, toca poxar por elas. E as cifras foron subindo ata case os 300 euros por unha das pezas.

Nesta xornada tamén foron homenaxeados duas mariñeiros pola súa traxectoria. Este ano, din dende aconfraría, que as centolas son boas e hai cantidade, pero os prezos son baixos porque se nota o peche dos restuarantes.

Noticias web

27/11/2020

Máis sobre O Grove