CRTVG

Buscar

Poucos hosteleiros se animan a reabrir coas terrazas ao 50%

Publicado o 11/05/2020 09:39

A hostalaría pode abrir dende hoxe, pero coas terrazas só ao 50%. De aí, que a maioría dos hostaleiros decidiran adiar a apertura. Na mañá deste luns, a Praza de San Xosé, en Pontevedra, está baleira, sen ningunha terraza aberta.

Ángel Sorey é vicepresidente de hostaleiros de Pontevedra e asegura que na cidade menos de dez establecementos abriron neste primeiro día: "Débese fundamentalmente aos custos que supón. O 50% da terraza dun bar significan unhas tres ou catro mesas e a moitos non lles compensa".

Un pouco máis optimista se presentou a mañá na cidade da Coruña. Alí varios bares animáronse a abrir seguindo as medidas de seguridade. O concello coruñés permitiu ampliar o espazo habitual habilitado para as terrazas para garantir a distancia de seguridade e os locais contan con xeles hidroalcólicos para os clientes.




 

Noticias web

11/05/2020