CRTVG

Buscar

Pouca sardiña e cara, pero de calidade, no San Xoán

Publicado o 23/06/2020 14:31

Nun San Xoán atípico, marcado este ano pola pandemia da Covid-19, algunhas tradicións mantéñense intactas. Non haberá grandes festas nin fogueiras nas praias, pero si sardiñas.

Din os vendedores da praza que hai pouca sardiña, pero de calidade. Algo que encarece o prezo. Un produto do mar que, un ano máis, se saboreará a carón do lume, na noite máis curta e máxica do ano.

Noticias web

23/06/2020