CRTVG

Buscar

Pouca afluencia na feira de Valença: os galegos que van deben rexistrar os seus datos

Publicado o 05/08/2020 14:35

A primeira feira de agosto este ano estréase en Portugal con pouca xente e co rexistro obrigatorio dos galegos que visitan o país veciño.

Dá igual que só esteamos unhas horas en Portugal e que sexa a escasos quilómetros de Galicia. O rexistro debe facerse igualmente sexamos residentes ou estranxeiros. E aseguran que hai certa confusión entre os clientes.

24 horas é o tempo que temos para notificar os nosos datos ao Sergas. A norma, segundo os comerciantes lusos, non está a afectar o número de visitantes, que xa era baixo, respecto ao ano pasado.

Toda esta información está recollida na páxina do Sergas, a onde deberemos acudir para notificar os nosos datos, ben a través deste formulario ou ben no teléfono 881 002021.

Noticias web

05/08/2020