CRTVG

Buscar

Positivo por coronavirus o vixilante de seguridade dun centro cívico na Coruña

Publicado o 30/07/2020 15:05

Na Coruña, o positivo detectado nun traballador de seguridade dun centro cívico obrigou a precintalo e sometelo a labores de desinfección. Ademais, agora rastréxanse os seus contactos.

O Sergas chamou este traballador o luns á tarde a raíz dun rastrexo de contactos. Realizáronlle a proba e deu positivo por coronavirus.

Noticias web

30/07/2020