CRTVG

Buscar

Portugal prorroga o estado de emerxencia que remataba o xoves

Publicado o 01/04/2020 21:13

Portugal prorroga o estado de emerxencia que remataba o vindeiro xoves. Aprobouno o seu Consello de Ministros.

Á espera de formalizar o decreto de extensión, o Goberno apoia a proposta do presidente da República e queda marcado ata o 16 de abril o estado de emerxencia, que é o equivalente ao estado de alarma español. O primeiro ministro volveu repetir que é probable que todo Portugal teña que estar confinado ata o verán, non especifica se é baixo o estado de emerxencia, pero todo apunta a que van confiar na boa fe dos cidadáns e, aínda que os negocios abran de novo, espérase que os portugueses sigan gardando precaucións e queden na casa na medida do posible. De feito, esa confianza na cidadanía aplícase xa agora porque aquí o confinamento non é unha obriga, é unha recomendación, os axentes non multan, senón que advirten e disuaden, e, aínda así, é dificil ver algúen na rúa.

A preocupación pola economía é grande, sobre todo entre o portugués de a pé, deseñáronse paquetes de axuda a empresas e autónomos e hoxe a aeroliña TAP anunciou o ERTE de 10.000 traballadores, o 90 por cento da seu cadro de persoal. Calcúlase que precisará 300 millóns de crédito para afrontar a crise provocada pola pandemia. 

 

 

Noticias web

01/04/2020